xoves, 24 de outubro de 2019

Chegou o día das bibliotecas!

Hoxe 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS, e non se me ocorre mellor forma de festexalo que abrindo as portas do meu recuncho a todos os rapaces e rapazas do colexio!
Ao longo da mañá recibimos a visita de cada un dos niveis do centro e os nosos voluntarios e voluntarias demostraron ser uns anfitrións marabillosos.


Recibíronos cunha divertida presentación na que amosaron o funcionamento e as normas de comportamento cando estemos na biblioteca.


Ao rematar a visita todos os nenos e nenas recibiron un folleto informativo e demos por comezada a andaina das nosas MOCHILAS VIAXEIRAS polas casas de cada nen@.



                                      Toc-Tina

mércores, 23 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS!

Ola, ola! Infórmovos que a nosa biblioteca xa está organizada para recibir a todo o alumnado do centro, pois mañá, 24 de Outubro, é o DÍA DAS BIBLIOTECAS!!


Os meus voluntari@s teñen preparada unha presentación moi sinxeliña para ensinar a todo o alumnado como funciona a biblioteca. Así mesmo, farase entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS a cada titoría e cada nen@ levará un folleto informativo sobre a biblioteca. 

Mentres non chega mañá quedo coidando das vosas mochilas viaxeiras!



Toc-tina 


luns, 21 de outubro de 2019

RECUNCHO DE NOVIDADES

Ola, ola! Xa que estou por aquí aproveito para amosarvos o recuncho de NOVIDADES da nosa biblio.



 Así como tamén as novidades da semana pasada:

  • ¿Qué bigotes me pasa?      

  • La caperucita lectora


  • Reportero DOC, biodiversidad


  • Nicolasa, ¿y tu casa?

  • O papagaio, arde o planeta


Toc-tina

CONCURSO MICRO RELATOS DE MEDO!

Como xa sabedes moit@s, achégase unha das festividades na que mandan meigas, cabazas, conxuros, pantasmas, esqueletos...o SAMAÍN!!!! E que mellor maneira de celebralo no cole que cun concurso de micro relatos de medo, animádevos a participar! 

Déixovos as bases do concurso na seguinte foto:



Unha aperta moi forte e bo comezo de semana!

Toc-tina 


xoves, 17 de outubro de 2019

BENVIDOS TODAS E TODOS A ESTE NOVO CURSO!

Como podedes ver comezamos un novo curso con moitas novidades, entre elas a de mudar o espazo virtual da nosa biblioteca!! Xa botaba en falta o meu buratiño na Biblio e as vosas voces no colexio!


Faime moita ilusión estar con vós de novo e compartir todos os meus libros e xogos, así como un novo espazo no meu recuncho onde poderedes descubrir unha morea de DVDs con diferentes temáticas.

Esta novidade débese a que, como xa saberedes moitos de vós, este ano comezamos un novo proxecto co lema de “MÁIS CINE, POR FAVOR!”, co cal cada curso traballará en torno a unha película distinta:




Esperamos que vos gusten as novas entradas e veñades á Biblioteca pronto!!!

Toc-TinaOLYMPUS DIGITAL CAMERA