xoves, 19 de decembro de 2019

Xornada de padriños e madriñas lectores!

Ola, ola! Velaquí tedes o resumo da nosa xornada de padriños e madriñas lectores!
A choiva non nos permitiu poder festexalo ó aire libre, pero iso non foi impedimento para pasalo en grande!



Parabéns os nosos SUPERPADRIÑOS e SUPERMADRIÑAS que axudaron a que todo saira de dez e FELICES FESTAS A TODOS!!


Toc-Tina



martes, 17 de decembro de 2019

Padriños e madriñas lectores!!

Todo listo e preparado para a xornada de mañá de padriños e madriñas lectores. Pasarémolo en grande!!!




Deica mañá! 
Toc-tina 



Obras na biblio!

Ai que peniña nos daba despedirnos da nosa biblio!!! En breves comezamos as obras de ampliación, así que coa axuda dos voluntari@s estamos recolocando e baleirando o que seguro, será un espazo marabilloso! 




O esforzo pagará a pena!

Toc-tina





luns, 16 de decembro de 2019

Luns DE CINE!!

Ola, ola!! Están a piques de chegar as festas do NADAL e con elas a chegada dunha morea de agasallos, entre os que coido que se agochen uns cantos libriños novos cheos de aventuras!

Para despedirnos antes das festas, esta semana soará unha fermosa panxoliña chamada "MÁXICO NADAL" de Carolina Rubirosa.

Esperamos que vos guste!






Toc-Tina

venres, 13 de decembro de 2019

Novas do Club de lectura!

Onte no noso club de lectura tivemos unha marabillosa sorpresa!!! Bea Lema, autora de "O corpo de Cristo" honrounos coa súa visita.


Pasamos unha tarde estupenda!!! Millóns de grazas por vir Bea!


Aquí vos deixo o enlace a súa web porque descubriredes unha gran artista!!
https://bealema.com/


Boa fin de semana!

Toc-tina



Venres de BOOKTUBERS!!

Ola, ola! Como cada venres pásome por aquí para amosarvos o BOOKTUBER desta semana.


Nesta ocasión Ainara recoméndanos o conto Elmer e o osiño perdido, espero que vos guste!

Toc-tina


martes, 10 de decembro de 2019

GUÍA DE LECTURA _ NADAL 2019

E para ir pensando nos agasallos de Nadal aquí vos deixo as nosas recomendacións para ler, xogar e investigar neste fermoso tempo de lecer.

Espero que vos gusten!!




Toc-Tina

luns, 9 de decembro de 2019

Luns DE CINE!!!

Ola, ola! Esta semana temos como melodía no cole a banda sonora dun clásico das películas de Disney.... PETER PAN:





Con ela despedimos a película que traballou 1º dentro do proxecto de cine do cole "MÁIS CINE, POR FAVOR!" e agardamos con emoción ata ver con que nos sorprenden os alumnos e alumnas de 2º!

Espero que vos guste a música tanto como a min e non esquezades facerme unha visitiña!!



Toc-Tina


martes, 3 de decembro de 2019

3 DE DECEMBRO_UN MUNDO PARA TOD@S

Hoxe, 3 de decembro é o Día da  DIScapacidade e dende a nosa Biblioteca gustaríanos recomendarvos unha película que nos chegou ao corazón..."Wonder".

A película está basada nun bestseller de R.J. Palacio que leva o mesmo título e conta como un neno trata de encaixar entre os seus novos compañeir@s e mestr@s, demostrando que pese ao seu físico é un neno coma os demais. 

PORQUE TODOS SOMOS ÚNICOS!!


Téndela á vosa disposición na sección de DVDs...espero que vos guste tanto como a min!!


Toc-Tina

luns, 2 de decembro de 2019

Luns DE CINE!!

Ola, ola! Neste luns de cine queremos compartir con todos vós o fermosa que quedou a nosa biblioteca coa decoración que realizaron os alumnos e alumnas de 1° sobre a película que están a traballar: PETER PAN!
Non esquezades que na biblioteca de Toc-Tina tedes unha morea de libros e películas relacionadas co fantástico mundo de "Nunca Jamás"!




Vémonos moi pronto!