martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL!!!

Pois chegaron as merecidas vacacións de Nadal!!👏👏👏

Desexo que teñades unhas boas festas e recordade...sentidiño!!

Os meus voluntari@s quixeron felicitarvos o Nadal con este divertido e navideño vídeo!!💗💗💗


Aproveitade para descansar, xogar, rir, soñar e ler!!!

Ata o 2021 rapazada!!!😘😘😘

Toc-Tina

luns, 21 de decembro de 2020

Luns de retos!!

 Último reto robótico deste ano 2020!!👏👏👏

RETO 10


Xa tendes para darlle ao coco durante o Nadal!!😉

E para os que investigaron no reto da semana pasada, este enlace para comprobar a solución:

https://issuu.com/terchus/docs/presentaci_n1


Mañán pasareime por aquí para desexarvos un Bo Nadal!!😘

Toc-Tina

#bescolaresgal 
#bescolaresgalabertas


venres, 18 de decembro de 2020

Venres de Booktubers

Pois chegamos ao último venres antes das vacacións de Nadal!!

Así que animádevos a facer de Booktubers para subir aquí as vosas recomendacións lectoras á volta !!

Onte fun de paseo polas librarías da nosa cidade e tiven a sorte de atoparme con Paco Nogueiras asinando exemplares do seu último traballo...EXTRA!

E como sei que vos encanta, aproveitei e pedinlle que nos adicara o libro-disco. Como tamén estaba o ilustrador, Marc Taeger, a dedicatoria é total!!!👏👏👏 Sinatura e debuxo para nós!!!😍😍😍

Xa o tendes na Biblioteca para poder cantar e bailar a tope con el!!!

Que teñades boa fin de semana!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

mércores, 16 de decembro de 2020

Curtas robóticas

Aquí estou outro mércores máis coa curta robótica desta semana!!👏👏👏

Hoxe unha emotiva curtametraxe de Pixar sobre o valor da amizade e a liberdade.

Espero que vos guste tanto como a min!!😍

Toc-Tina



#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

luns, 14 de decembro de 2020

Luns de retos!!

Ola a tod@s!!

Aquí vos deixo o resumo do reto da semana pasada...mirade que cantidade e variedade de botóns temos nas nosas casas!!! 


Moitísimas grazas a tod@s por enviarnos tantas fotos!!!👏👏👏

E imos xa co RETO 9!! 
Fixádevos ben na seguinte imaxe...ratos e máis ratos!!😅
A ver quen atopa máis información sobre o primeiro "rato" de ordenador da historia!! Ala, a investigar!!!




Que teñades unha boa semana!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

venres, 11 de decembro de 2020

Venres de Booktubers

Ola, ola!!👋👋👋

Que semana tan curtiña!!

Hoxe a Booktuber son eu!!😉 

Aproveito para darvos algunhas ideas para que vos acordedes de pedir un libro nas vosas cartas a todas as personaxes máxicas do Nadal. Ler sempre é un pracer!


Pois aquí vos deixo as miñas recomendacións, espero que vos gusten!!💗

Toc-Tina


#bescolaresgal 
#bescolaresgalabertas

mércores, 9 de decembro de 2020

Curtas robóticas

 Ola, ola!!!👋👋👋

Estamos de volta no cole!!! 

Espero que vos sentaran ben estes días festivos!! A min sentáronme de marabilla!! Estou tan renovada de enerxías que hoxe vos traio unha curta especial...algo para que movades un pouco o esquelete e bailemos a ritmo robóticoooooooooooo!!!



Robot Rave from Eran Mendel on Vimeo.

Espero que vos guste!!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

luns, 7 de decembro de 2020

Luns de retos!!

 Ola, ola!!

Aínda que hoxe non hai escola veño co noso reto preparado para que lle deades ao coco nestes días de chuvia!!

Primeiro o enlace á solución do reto da semana pasada...ROBOFLY!!!


E imos co RETO 8!!! Toca buscar pola casa!!! Mirade, mirade!!!


Buscade e enviade as vosas fotos ao noso correo de sempre:

biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com


Que gocedes dos festivos!!!😘😘😘

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas


venres, 4 de decembro de 2020

Venres de booktubers

O primeiro booktuber deste mes de decembro é Xandre, un neno de 3º que nos recomenda un título chulísimo de Adrián Morgade.

Moitas grazas Xandre!!👏👏👏 

Que teñades unha boa fin de semana!! E aínda que ata o mércores non hai escola, eu andarei o luns por aquí para propoñervos un novo reto!! 

 Toc-Tina 

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

mércores, 2 de decembro de 2020

Curtas robóticas

 Ola, ola!!

Estamos a mércores e toca a nosa curta robótica da semana!!👏👏👏

A curta "Abiogenesis" é unha creación do director Richard Mans e amosa unha historia realizada con animación 3D de apenas 4 minutos onde non sabería decirvos se se trata dun argumento de pura ciencia ficción ou podería ter que ver co futuro do que a ciencia nos pode ofrecer.

O debate está aberto...espero que vos guste!!

Toc-Tina 


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

luns, 30 de novembro de 2020

Luns de retos!!

 Ola, ola!!

Aquí estou de novo co reto da semana!! 

Antes de nada a solución ao reto da semana pasada...non era sinxelo..había moito que pensar e investigar!! Neste enlace tendes a resposta:

https://spaceplace.nasa.gov/mars-rovers/sp/

E xa que entrades nesa páxina mergullade con calma...é moi interesante!!!🤖🤖

Imos co reto desta semana...RETO 7


Unha pista...vai de animais robóticos!!! Animo!!!😊😉

Ata o mércores!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

venres, 27 de novembro de 2020

Venres de Booktubers

 Ola, ola!

Outra semana máis son os nen@s de Infantil os que nos agasallan cunha das súas recomendacións lectoras. 

Nesta ocasión é Gael, que nos recomenda un libro moi bonito e divertido que podedes atopar na nosa Biblioteca. Bravo Gael!!!

Que teñades moi boa fin de semana!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

mércores, 25 de novembro de 2020

AS NOSAS OLLADAS NO 25 DE NOVEMBRO

 Ola, ola!!

Pois como vos prometín aquí está o resultado da actividade final ao traballo que levamos facendo durante esta semana! 

As nosas olladas definen claramente a negativa fronte á violencia de xénero!!

Seguimos  no bo camiño!!! 💜💜💜

Toc-Tina


#navegaraigualdade
#defronte
#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Curtas robóticas

Ola de novo!!

Hoxe unha curta que remata dun xeito marabilloso...con AM💗R!!!

Algo que non debería faltar nunca nos nosos fogares!! Querédevos moito!!!





Bonito, bonito!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

25 N

Ola a tod@s!

Hoxe é un día importante, que non debemos pasar por alto. Hoxe é 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.

No noso cole sumámonos á campaña proposta pola Deputación da Coruña e miramos de fronte á violencia de xénero, porque non hai outra forma de parala. Para iso, tod@d fixemos unha foto das nosas olladas e as estamos a colocar na entrada do colexio. Cando teñamos o resultado final subireino para que o poidades ver.

Moitas grazas ao Equipo de Convivencia pola fantástica idea de sumarnos a esta campaña!👍👍👍

Déixovos un par de recursos moi interesantes. Unha biblioteca virtual cargadiña de lecturas que promoven a igualdade entre mulleres e homes e unha marabillosa historia de Palmira Castro, non deixedes de vela...😉💗



Lémonos nun anaquiño coa curta robótica dos mércores!!!

Toc-Tina


#navegaraigualdade
#defronte
#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

luns, 23 de novembro de 2020

Luns de retos!!

 Ola a tod@s!!

Que tal a fin de semana? 

Espero que recargárades enerxía con este soliño que tivemos!!

Como vos vai co SCRATCH?? Mola, verdade?

Esta semana un reto interesante...hai que investigar polas redes...aí vai!!


A solución...o próximo luns!!!

Ata o mércores!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas


domingo, 22 de novembro de 2020

XORNADAS PLAMBE

Ola, ola!!

Estes días estiven moi ocupada porque asistín ás XORNADAS DE PLAMBE que cada ano convoca a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estaban convocadas para o pasado mes de abril, pero por causa da COVID-19 foron adiadas ata esta fin de semana. 

O novo formato online non mermou para nada o entusiasmo dos poñentes que sempre nos agasallan con novas ideas e nos enchen de ilusión por seguir avanzando. Multitude de experiencias motivadoras que seguen a facer das Bibliotecas Escolares lugares cheos de vida.

Aquí vos deixo algunha imaxe das Xornadas.



Quedeime con esta frase de Javier Pérez Iglesias...

" Si no puedo bailar, ésta no es mi Biblioteca."


Que teñades boa semana!! Lémonos mañán!!

Toc-Tina


#EBEGA2020

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

venres, 20 de novembro de 2020

Venres de Booktubers

 Ola, ola!

Hoxe é Samuel o que vos presenta un marabilloso libro onde a diversión e o suspense están asegurados!!

Moitas grazas Samu!!👏👏👏

Que teñades unha boa e bonita fin de semana!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

xoves, 19 de novembro de 2020

Entrega de premios!!

E por fin temos as fotos da entrega de premios do concurso de micro-relatos de medo!!

Noraboa a tod@s os participantes!!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

mércores, 18 de novembro de 2020

Curtas robóticas

 Ola rapazada!!

Hoxe unha curta que reflexa bastante ben a sociedade de consumo na que vivimos actualmente.

Ás veces, cando prestamos máis atención ao noso smartphone que á persoa que temos ao lado, parecemos un pouco idiotas. Esta idea foi a que levou ao equipo do estudio Big Lazy Robot a producir a súa curtametraxe Idiots, unha divertida e fermosa metáfora sobre a dependencia dos gadgets que nos rodean.

Espero que vos guste!

Ata mañán!!!

Toc-Tina

IDIOTS


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas



luns, 16 de novembro de 2020

Luns de retos!!

 Comezamos a semana!!!

Imaxino que desexando saber a resposta do RETO 4 da semana pasada!!!

O nome do inventor que preguntábamos no reto é NIKOLA TESLA, "o xenio que iluminou o mundo".

Se queredes saber máis sobre el pinchade no seu nome ou na seguinte imaxe:


Noraboa aos que acertastes!!!

E imos co reto desta semana!! É un reto moi divertido, xa que tendes que aprender a programar para poder xogar ao...SCRATCH!!!

RETO 5

Sorte e a xogar!!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

venres, 13 de novembro de 2020

Venres de Booktubers

 Outra semana máis que remata!

E como cada  venres os nosos Booktubers veñen a facervos a recomendación lectora da semana! 

Hoxe son parte do meu novo equipo de voluntari@s da Biblioteca os que se animaron a poñerse diante da cámara. 

Moitas grazas chic@s!!

Que teñades moi boa finde!

Toc- Tina


 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

mércores, 11 de novembro de 2020

Curtas robóticas

 Ola, ola!!

Esta semana nas nosas CURTAS ROBÓTICAS tráiovos unha historia que conta a relación pola supervivencia de dúas pequenas criaturas que viven nun mesmo universo, pero en diferentes planetas.

A historia ilustra como a solidariedade e a esperanza nun futuro mellor axudan a sobrelevar tempos escuros.

Hai que vela ata o final...😍😍😍

TWO WORLDS


Ata o venres!!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas


luns, 9 de novembro de 2020

Luns de retos!!

 Ola a tod@s!!

Que tal vos foi co xogo de DOODLE DE GOOGLE da semana pasada?? Eu paseino xenial!!!

Comezamos a semana con novo reto!! Desta vez teredes que investigar e descubrir unha personaxe...quen será??


RETO 4



A solución a próxima semana!!! Lémonos o mércores rapazada!!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas



venres, 6 de novembro de 2020

Venres de Booktubers

 Ola, ola!

Xa estamos a venres e tocan Booktubers!!

As recomendacións de hoxe fanme especial ilusión, xa que son os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil os que se animaron a contarnos os libros que máis lle gustan!!

Mirade que ben o fan Lucía e Xohán!!! Un aplauso para eles!!!



Que teñades unha boa fin de semana!!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas




mércores, 4 de novembro de 2020

Curtas robóticas

 Ola, ola!!

A curta de hoxe titúlase "Girl and robot"

Unha nena constrúe un robot pero non consigue que funcione...ou iso pensa ela!!

Espero que vos guste!!!

Toc-Tina



#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

martes, 3 de novembro de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Ola, ola!!!

Hoxe pásome por aquí para deixarvos o resumo do que foi a apertura da Biblioteca neste curso. 

Xa sei que a situación que vivimos non permite disfrutar a tope da Biblio, pero mirade ben todas as actividades chulas que temos!!! 

Espero que pouquiño a pouco a situación mellore e poidamos gozar de novo de todos os materiais da nosa Biblioteca!!

Unha aperta grande!!! Lémonos mañán!!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

luns, 2 de novembro de 2020

Luns de retos!!

 Ola, ola!!

Comezamos como cada luns dando a resposta ao reto anterior...MAZINGER Z!!!

Estou segura de que moitos superastes o reto!!! Se clicades na imaxe poderedes saber un pouco máis sobre este robot tan famoso!!


E agora imos co reto desta semana!! Hoxe vai dirixido aos máis peques, pero seguro que o pasades ben tamén os maiores!!!

RETO 3


Vémonos o mércores!! 

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

domingo, 1 de novembro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS...AS VOSAS APORTACIÓNS!

Hoxe pásome por aquí para amosarvos as actividades tan chulas que fixeron algúns dos vosos compañeir@s para celebrar o DÍA DAS ESCRITORAS. Leron textos de moitas autoras galegas e aproveitaron tamén para reivindicar o papel da muller nesta sociedade.

Noraboa a tod@s!!! Sodes uns artistas!!!

Vémonos mañán!! Moi atentos ao reto desta semana!!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

venres, 30 de outubro de 2020

Venres de Booktubers

Ola, ola!!

Pois hoxe son eu a que vos fago as recomendacións lectoras desta semana!!

Estou segura de que todas as novidades que temos na Biblioteca sobre ROBOTS CON CORAZÓN, vos van encantar!!!

Botádelle un ollo...😉

Que teñades unha boa fin de semana!!!

Toc-Tina 


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

mércores, 28 de outubro de 2020

Curtas robóticas

Ola, ola!!

Mércores de curtas!!

A historia de hoxe seguro que nos fai reflexionar...espero que vos guste!!!💗💗💗 


Que teñades un bo día!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

luns, 26 de outubro de 2020

Luns de retos!!

 Ola, Ola!!!

Comezamos coa solución do RETO 1 proposto a semana pasada. A palabra que relacionaba as catro imaxes era...AUTÓMATA!!

Acertaches?? Xenial!!! Pois moi atent@s que hoxe é luns e imos a polo segundo reto!!!

RETO 2



Ánimo!!! Seguro que atopas o nome do robot que buscamos!!!
Boa semana!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

venres, 23 de outubro de 2020

24 DE OUTUBRO_DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola, ola!!

Xa estamos a venres!!! Hoxe tocaría unha entrada de booktubers, pero como este sábado se celebra o DÍA DAS BIBLIOTECAS, decidín recordárvolo!!

 Lévase celebrando o 24 de outubro dende o ano 1997 e neste ano tan especial, a edición baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón", céntrase en destacar o importante papel que xogan as Bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera lugar e circunstancia.

Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.


E para que comecedes a finde estupendamente, aquí vos deixo un enlace cun montón de lecturas, para todos os gustos e idades!!

Que pasedes unha boa fin de semana!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

mércores, 21 de outubro de 2020

Curtas robóticas

Ola, ola!!

Xa estamos a mércores e comezamos esta sección de CURTAS ROBÓTICAS coa historia dun robot xigante que ataca e destrúe unha cidade na procura dun corazón humano.

Estade moi atent@s ao que lle sucede cando atopa o corazón...


Espero que vos guste!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

luns, 19 de outubro de 2020

Luns de retos!!

 Ola, ola!!

Este curso imos facer tres entradas semanais:

  • Os LUNS haberá un reto relacionado co proxecto "ROBOTS CON CORAZÓN".
  • Os MÉRCORES curtametraxes e historias animadas.
  • Os VENRES volven os booktubers.
Así que hoxe, como é luns, comezamos a semana cun reto...a ver quen acerta!!
A solución dareina o vindeiro luns, co seguinte reto!!
A darlle ao coco rapazada!!!


RETO 1


Que vaia ben a semana!! Lémonos o mércores!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

xoves, 15 de outubro de 2020

15 DE OUTUBRO_DÍA DAS ESCRITORAS

 


Ola, ola!!

Pásome por aquí para contarvos que hoxe é o Día das Escritoras, unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

V Edición celébrase este ano 2020 baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares propóñennos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

Nós imos a apuntarnos á lectura dos textos seleccionados dende a Asesoría e a facer unha sinxela montaxe con todas as aportacións...ANIMÁDEVOS!!!

Aquí vos deixo os textos!!

"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisibles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se ve. Así facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)

  


Estade atent@s esta semana porque haberá novidades!!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

luns, 12 de outubro de 2020

CONCURSO DE MICRO-RELATOS DE MEDO!

Ola, ola!

Inauguramos a temporada de concursos literarios cos micro-relatos de medo que tanto nos gustan!!!

Aquí vos vai a información!!! Veña a pensar e a escribir cousas terroríficas!!!

Sorte a tod@s!!!

Espero os vosos relatos!!!

Toc-Tina

#sentidiño


domingo, 20 de setembro de 2020

Estamos de volta!!!

 Ola, ola!

Aquí estou de volta e con enerxías renovadas!!

Moi contenta de vervos estes primeiros días polo cole!! Boteivos moito de menos!!

Sabedes que este é un curso diferente, pero estou segura de que entre todos conseguiremos que sexa estupendo!!

Para comezar quero contarvos que o proxecto do cole gústame tanto que xa me fixen un traxe para a ocasión...ROBOTS CON CORAZÓN.

A que me senta ben?

Quedan poucos días para que a Biblioteca abra as súas portas, será no mes de outubro, mentras tanto estade moi atent@s ás novidades que vos irei contando por aquí!!

Vémonos pronto rapazada!!!

Toc-Tina


#sentidiño


venres, 19 de xuño de 2020

FELIZ VERÁN!!!

Ola, ola!!

Última entrada deste curso!!!

Foi un pracer compartir con todos vós estes meses, especialmente estes últimos tan intensos que nos tocou vivir...
Grazas polos debuxos, polos poemas, polos contos, polas recomendacións...GRAZAS POR TODO!!!

Agora toca descansar e gozar do tempo libre como máis vos apeteza!!! Eu quedarei por aquí agardando por vós, lendo novas historias para contárvolas á volta!!!

Botarei moito, moito de menos aos meus queridos voluntari@s de 6° que comezan unha nova etapa no instituto, moita sorte!!!💚💚💚 Esta entrada vai adicada a vós, o verdadeiro motor que fai que esta Biblioteca siga estando chea de vida!!!

Que mellor maneira de rematar que co resumo dun curso singular e diferente que de seguro quedará no noso recordo para sempre...


Coidádevos moito e feliz verán!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#consentidiño

xoves, 18 de xuño de 2020

O FANTÁSTICO MUNDO DOS LIBROS...

Penúltimo día de cole!!!!

Onte recibín moitos dos libros da biblioteca que estades devolvendo estes días. Moitas grazas por acordavos, así eu xa os vou colocando para telos todos no seu lugar cando voltedes a visitarme en setembro!! 👏👏👏

Pois como este curso a cousa foi de cine, non podo rematar sen poñervos esta marabilla de curtametraxe que anima tanto á lectura e a deixar voar a nosa imaxinación...

Con todos vós...

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore


E mañán toca despedida...

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#consentidiño

mércores, 17 de xuño de 2020

AS NOSAS ESCRITORAS

Última entrega, por este curso, de As nosas escritoras cunha muller que nos encanta e que nos fixo pasar tan bos momentos coa súa obra Marta e a Píntega e cos seus talleres na Semana das Letras Galegas anos atrás.

Ela é  Eli Ríos!!! Moitísimas grazas por este saúdo agarimoso!!
Xa nos tarda outra visita túa!!! 😍😍😍


Deica mañán rapazada!!!

Toc-Tina


#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#consentidiño
#asnosasescritoras

martes, 16 de xuño de 2020

COUSIÑAS QUE QUEDABAN NO TINTEIRO...

Ola de novo!!

Seguro que moitos de vós pensades que me olvidaba de publicar algúns dos traballiños e debuxos que me fostes enviando nestas semanas...pois non!!!😉

Teño que pedirvos desculpas por non publicalos antes, pero entre que foron chegando e que eu me liei con outras cousas...o importante é que nestes días que nos quedan os poderedes ver todos!!!👏👏👏

Hoxe un resumo dos vosos debuxos de LEOTOLDA, recordades? Sodes uns debuxantes fantásticos!!! Mirade que chulos vos quedaron!!!

Lémonos mañán!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#consentidiño

luns, 15 de xuño de 2020

LUNS DE CINE!!!

Ola, ola!!!

Comezamos a úlima semana de curso!!!

E rematamos cun clásico xa no noso cole para comezar as vacacións e que ben podería ser a banda sonora da película de moitos dos nosos veráns!!

O comezo do vídeo vainos perfecto para esta temporada que pasamos de confinamento. O venres despedirémonos das vosas casas desexando tervos entretido un pouquiño.

Pois a gozar da canción!!

Toc-Tina





#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa

venres, 12 de xuño de 2020

LECTURAS DE VERÁN_2020

Ola, ola!!

E xa estamos a venres outra vez!!! Que rápido pasa o tempo!!! Tan rápido que xa vos traio as propostas que entre eu e o Equipo de Biblioteca argallamos para vós e as vosas familias para este verán!!!

Porque xa sabedes que para viaxar, a mellor nave é un libro!!

Lecturas, cine e xogos!!! Moitas ideas que desexamos vos gusten tanto como a nós!!!

E recordade...se tendes unha librería no voso barrio, mercade alí, o pequeno comercio necesita a nosa axuda máis que nunca.

Nesta guía hai unha novidade!! Se clicades na imaxe dos libros iredes directamente a unha páxina onde vos conta brevemente de que trata cada un.

Ollade, ollade, a ver cal vos apetece máis!!!


Que teñades unha fantástica fin de semana!!!
 Ata o luns!!! 

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa

xoves, 11 de xuño de 2020

XUÑO, O MES DO MEDIO AMBIENTE

Ola, ola!!!

Continuamos coa nosa proposta de curtametraxes para concienciar sobre o coidado da Terra...aquí vos vai a de hoxe!!!


Curta, pero invita reflexionar...deica mañán!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#diamundialdelmedioambiente

mércores, 10 de xuño de 2020

AS NOSAS ESCRITORAS

Ola, ola!!!

Hoxe tardei un pouquiño en subir a entrada porque tiven algún que outro problemiña técnico...pero xa está aquí e pagou a pena esperar porque hoxe nas nosas queridísimas escritoras dos mércores temos con nós a Laura Rey Pasandín.

Marabillosa escritora e poeta coruñesa que ademáis nos agasallou cun poema sobre o noso patio aló polo mes de marzo...lembrades? Aquí vos deixo con ela...



Millóns de grazas por este agarimoso saúdo Laura!!!💗💗💗
Quedas invitada á nosa Biblioteca!!!

Lémonos mañán!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#asnosasescritoras

martes, 9 de xuño de 2020

XUÑO, O MES DO MEDIO AMBIENTE

Ola, ola!!!

Pois seguimos con propostas para aprender a coidar máis e mellor o noso medio ambiente.

Hoxe vai de xogos!!! Dous Scape Room!!! Estade moi atentos ao que ledes para resolver as misións que se vos formulan!!!

Sorte!!!


A primeira proposta está pensada para o alumnado a partir de 3° de Primaria, pero con algo de axuda seguro que podedes facelo todos!!



A segunda proposta está pensada para os máis pequenos, Infantil, 1° e 2°. Espero que vos guste!!!


Moitísimas grazas á BE do CEIP Arquitecto Casas Novoa por estes xogos tan chulos e educativos!!! 

Coidade moito o lugar onde vivimos!!! 
Lémonos mañán rapazada!!! 

 Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#diamundialdelmedioambiente

luns, 8 de xuño de 2020

LUNS DE CINE!!!

Ola de novo!!

Luns de cine!!
Esta semana escoitaremos a banda sonora da película que elixiron os nenos e nenas de 6°,  Harry Potter. Maxia, aventura e intriga están aseguradas nesta marabillosa saga escrita por J.K. Rowling e que sei que vos gusta tanto.

Aquí vos deixo a versión para orquestra desta magnífica peza musical, disfrutádea!!!


E para os que todavía non coñecen moito a Harry Potter aquí tendes un resumo da súa vida...



Que teñades unha semana chea de maxia!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa

XUÑO, O MES DO MEDIO AMBIENTE

Ola, ola!!

Hoxe, 8 de xuño, é do Día Mundial dos Océanos, e quixen ensinarvos esta fermosa curtametraxe da Fundación Reina Sofía, Lemon, na que nos fala da importacia de coidar os nosos océanos  xa que son parte fundamental dos pulmóns do noso Planeta e onde habitan milleiros de animais e plantas.

Coidemos o noso mar!!!💙💙💙


Lémonos nun anaquiño cons Luns de Cine!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#diamundialdelmedioambiente

venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Ola outra vez!!

Temos tantas actividades nestes días que case se me olvida traervos este marabilloso vídeo feito polos nenos e nenas de 2° A para celebrar o día de hoxe, o Día Mundial do Medio Ambiente.

Mirade que consellos tan xeniais nos dan para coidar o noso Planeta!! Facédelle caso, que saben ben o que din!!!


Agora sí que me despido ata o luns!!
Bicos virtuais!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#diamundialdelmedioambiente

VENRES DE BOOKTUBERS!!!

Ola de novo!!!

Xa estamos de venres!!! Hoxe os nosos BOOKTUBERS veñen con sorpresa!!! Tiven visita!!!
Mirade, mirade...


Moitas grazas a Mariña pola súa recomendación e á mestra Ana pola súa visita!!👏👏👏
Que ganas teño de vervos a todos pola Biblioteca!!!
Que teñades boa fin de semana!!! Ata o luns!!!

Toc-Tina


#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#diamundialdelmedioambiente

xoves, 4 de xuño de 2020

XUÑO, O MES DO MEDIO AMBIENTE

Ola, ola!!!

Hoxe continuamos na loita por coidar o noso Planeta cunha curtametraxe en clave de humor pero que invita a reflexionar sobre moitas das malas prácticas do ser humano.

Hai que conseguir erradicar a eses "homos consumus"!!!

Espero que vos guste!!


Deica mañán!!

Toc-Tina


#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#diamundialdelmedioambiente

mércores, 3 de xuño de 2020

AS NOSAS ESCRITORAS

Ola, ola!!

Este mércores temos a inmensa sorte de ter con nós a María Canosa!!! Si, si, a escritora que veu á nosa Biblioteca a falar de libros tan marabillosos coma Muriel, A cazadora de Estrelas ou Rubicundo.

Estou segura de que entre vós hai alguén que se lembra da súa sinatura e os seus fermosos cuños de estrelas...a min chegáronme ao corazón!!!💗💗💗

Unha das últimas adquisicións que fixemos na Biblioteca foi un libro seu, Unha fábrica de bicos, que está agardando por vós!!


Pois aquí vos deixo con ela, gozade do día que seguro será estupendo!!!


Moitas grazas María!!!
Non nos chega a hora de terte pola nosa Biblioteca e encherte de bicos e apertas!!!

Toc-Tina


#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#asnosasescritoras