domingo, 26 de xaneiro de 2020

Luns de CINE!!

Ola, ola!! Aquí estamos de volta coa entrada de tódolos luns no blog!
Neste caso, facemos unha paradiña no noso percorrido pola historia da música no cine debido a que o día 30 de xaneiro se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Por este motivo, non se nos ocorre unha mellor forma de festexalo que elixindo como a banda sonora desta semana a canción "Convivindo" de María Fumaça.

Esperamos que vos guste tanto como a nós!!



Toc-Tina

venres, 24 de xaneiro de 2020

Mans á obra!

Ola, ola! Esta semana puxemos a funda de traballo e comezamos a construir, mover mobles e organizar todo o noso catálogo de libros para que atopedes dentro de pouquiño unha fermosa biblioteca chea de novidades.

Que ganas temos de abrir as portas a tódolos nenos, nenas e familias!!
Se non resistides a vosa curiosidade, podedes botar unha ollada ao seguinte vídeo...

Boa finde a todos e todas!!


Toc-Tina

luns, 20 de xaneiro de 2020

Luns DE CINE!!

Ola, ola!!
Continuamos viaxando pola historia da música a través do cine e chegamos ós anos 60, onde destacan compositores como Henry Mancini e Ennio Morricone. Este último foi o autor da banda sonora elixida para esta semana e que forma parte dun dos grandes clásicos do cine: a película "El bueno, el feo y el malo".

Seguro que moitos de vós xa coñecíades esta melodía!!






Toc-Tina


domingo, 12 de xaneiro de 2020

Luns DE CINE!!

Ola, ola!!

Retomamos o noso percorrido pola música a través do cine, facendo parada nesta ocasión no cine dos anos 50.
Destacan compositores como Elmer Bernstein, Alex North ou Malcomn Arnold. Este último foi o autor da banda sonora elixida para esta semana, unha coñecidísima melodía da película "A ponte sobre o Río Kwai" que estou segura vos poñeredes a asubiar polos corredores do colexio!!

Nesta ocasión eliximos unha fermosa versión da Film Symphony Orchestra. Espero que vos guste!!

Boa semana!!



Toc-Tina




xoves, 9 de xaneiro de 2020

O novo recuncho de Toc-Tina!

Ola, ola! Xa estamos todos de volta das vacacións de Nadal coas pilas cargadas e con moita ilusión por ver de novo tantos rapaces e rapazas no colexio!
En canto á nosa biblioteca, soamente faltan os últimos retoques!!




Que novas agardarán tras esa porta? Paciencia... cada vez queda menos!!


Toc-Tina