CLUBS DE LECTURA

CLUBS DE LECTURA

CURSO 22/23



Hola a tod@s! 
Neste espazo compartiremos o día a día dos nosos Clubs de Lectura. 
Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Vémonos na Biblioteca!!👋👋👋



CURSO 21/22
Neste espazo iremos compartindo as vivencias e as imaxes que vaian xurdindo dos nosos Clubs de Lectura.
Este curso seremos 8 Clubs de Lectura, de 3º a 6º de Educación Primaria, mantendo os "grupos burbulla" para seguir respectando os protocolos sanitarios ante a COVID-19.
Para animarvos aquí tendes o primeiro paso a dar!😉


Que contenta estou!
Cant@s vos animades a formar parte dos nosos Clubs de Lectura! Bravo!👏👏👏 
Pois por aquí vos deixo as datas da 1ª reunión do voso Club! As sesións serán sempre durante o tempo do patio.


Para que teñades sempre a man as datas do voso club, aquí vos deixo axendados todos os días ata o remate de curso! Estarán na porta da Biblioteca para que os poidades consultar cando queirades!😉

Sabemos que este curso comezamos un pouco tarde coas sesións dos Clubs de Lectura, pero con moita ilusión e cargadiñ@s de enerxía!👍👍👍

Tivemos a mala sorte de que os libros tardaron en chegar máis do desexado (pola folga de transportes). É por iso que tivemos que modificar algunha das propostas iniciais, pero todo chega e xa temos na Biblioteca todos os títulos!! Todos están relacionados co PDI "Robots con corazón", espero que vos gusten!

Neste espazo irei colgando imaxes das sesións dos Clubs de Lectura.

Os nenos e nenas de 3º xa nos fixeron un resumo da súa primeira sesión! Foi xenial!👏👏👏

Pouco a pouco todos os clubs foron tendo as súas primeiras sesións e facéndome marabillosas visitas á Biblioteca! Véxovos a tod@s moi content@s e entusiasmad@s coa experiencia e cos libros elixidos! Que alegría tan grande!!😍😍😍
Boa mostra son estas imaxes de todos estes meses!! 

Este primeiro curso de Clubs de Lectura (de maneira oficial) foi tan fantástico, que decidimos poñerlle un broche de ouro para rematalo!! Chocolate con churros para tod@s e un agasallo para que non esquezades os "Robots con corazón".💗💗💗 

Ata o próximo curso!😘😘😘


Ningún comentario:

Publicar un comentario