Amosando publicacións coa etiqueta Curtas robóticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curtas robóticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de xuño de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!👋👋👋

Hoxe é o último mércores do curso, polo tanto, a nosa última curta robótica por este ano!😉

Superbot é unha divertida historia que nos fai ver a importancia que teñen as cousas dependendo coas lentes que as miremos...cuestión de perspectiva!

Ata o venres amig@s!

Toc-Tina😘





mércores, 9 de xuño de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!👋👋👋

Case me despisto hoxe! Pero aquí está a nosa curta robótica desta semana!

Unha ensoñación. Un individuo descobre o legado dunha civilización moi avanzada nunha misteriosa cova. Introdúcenos nun mundo de sensacións alucinantes dentro dunha historia de ciencia ficción.

Espero que vos guste! 

Toc-Tina 😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 


mércores, 2 de xuño de 2021

mércores, 26 de maio de 2021

Curtas robóticas

Mércores de curta robótica!🤖🤖🤖

A de hoxe cóntanos unha historia que dá para moitos debates. As máquinas poderían tomar o 50% dos nosos traballos nos próximos 30 anos, que consecuencias tería?

Espero que vos guste!

Toc-Tina 😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 



mércores, 12 de maio de 2021

mércores, 28 de abril de 2021

Curtas robóticas

E como cada mércores toca... CURTA ROBÓTICA!

A de hoxe conta a historia dun robot solitario que anda na procura dunha nova vida...

Espero que vos guste!!

Nun anaquiño subirei a MARATÓN DE BOOKTUBERS de hoxe!! Estade atent@s!!😉

Toc-Tina 😘

#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 

mércores, 14 de abril de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!👋👋👋

A curta de hoxe é moi actual! Seguro que as situacións que nos amosan estes dous robots vos resultan familiares...sobre todo aos que levades gafas!!😅

Un pouquiño de humor para este mércores!!

Toc-Tina😘


mércores, 7 de abril de 2021

Curtas robóticas

E voltamos os mércores coas curtas robóticas!!🤖🤖🤖

Na historia de hoxe unha simpática parodia a esta nova obsesión de estar pendentes dos nosos smartphones as 24 horas do día. Aínda que a nós non nos pasa, pásalle aos demais...non si??😉

Espero que vos guste!

Toc-Tina😘


mércores, 24 de marzo de 2021

Curtas robóticas

Na curta robótica de hoxe, a  historia dun pai que intenta por todos os medios que o seu fillo venza os seus medos!

Acaba de ser o Día do Pai e ao tempo ten un toque poético moi especial, así que me gustou para estas datas! Espero que a vós tamén!!😉



Ata o venres!

mércores, 10 de marzo de 2021

Curtas robóticas

Esta semana as protagonistas somos as mulleres!! 💜💪💜

Na nosa CURTA ROBÓTICA de hoxe, unha nena de 7 anos fainos reflexionar sobre o lugar que ocupa a tecnoloxía na nosa sociedade e ofrécenos unha visión futurista do mundo tal e como o coñecemos.

Espero que vos guste tanto como a min!!

Feliz mércores!!

Toc-Tina 😘

mércores, 3 de marzo de 2021

Curtas robóticas

 Ola, ola!!👋👋👋

A nosa curta robótica de hoxe fálanos do difícil que é mudar a nosa mentalidade e involucrarnos no coidado do noso Planeta. 

Recordade, non hai un Planeta B, coidemos a Terra!!!💚💚💚


Que pasedes un bo día!!

Toc-Tina 😘

#bescolaresgalabertas
#bescolaresgal
#bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres

mércores, 24 de febreiro de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!!👋👋👋

Neste fermoso 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro, toca poñer unha curtametraxe da que estou segura de que se a nosa Rosalía vivise este momentazo, de seguro lle escribía un poema ben bonito!!😍😍😍

A gran noticia desta semana foi a chegada dun robot a Marte!!

Mirade, mirade...👀👀👀



Incrible, verdade?

Espero escoitarvos hoxe recitando a Rosalía!!!💓💓💓

Toc-Tina😘

#bescolaresgalabertas
#bescolaresgal
#bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres

mércores, 10 de febreiro de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!!👋👋👋

Como vai o Entroido? Espero que sigades os mandadiños do noso MECO ROBÓTICO!!

Hoxe toca curta robótica!! E traio un título perfecto para esta semana...

🤖ROBOT CARNIVAL🤖

É unha historia que forma parte dunha película composta de 9 curtametraxes, sendo esta a primeira de todas elas...espero que vos guste!!😉

Ata mañán!!

Toc-Tina😘

mércores, 3 de febreiro de 2021

mércores, 27 de xaneiro de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!!

Hoxe unha historia da que temos moito que aprender!! Tratade sempre ben á xente, e se vedes algunha inxustiza... dicídeo!! Non vale calar, hai que axudar!!

Espero que pasedes un día estupendo e que esta curta vos saque o mellor dos vosos sorrisos!!😊

Toc-Tina


mércores, 20 de xaneiro de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!!

Mércores de curta robótica!!🤖🤖🤖

A de hoxe conta a historia de Dustin, un canciño que se ve obrigado a convivir cun robot de limpeza na súa casa. Serán quen de facerse amigos?

Espero que vos guste!

Toc-Tina😘



mércores, 13 de xaneiro de 2021

Curtas robóticas

Ola, ola!!

Hoxe é mércores e toca CURTA ROBÓTICA!!!👏👏👏

A de hoxe é unha fermosa historia que fala de amizade, espero que vos guste!!😍

Apertas, 

Toc-Tina



#bescolaresgal

mércores, 16 de decembro de 2020

Curtas robóticas

Aquí estou outro mércores máis coa curta robótica desta semana!!👏👏👏

Hoxe unha emotiva curtametraxe de Pixar sobre o valor da amizade e a liberdade.

Espero que vos guste tanto como a min!!😍

Toc-Tina



#bescolaresgal #bescolaresgalabertas