Amosando publicacións coa etiqueta As nosas escritoras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As nosas escritoras. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de setembro de 2025

mércores, 19 de abril de 2023

VISITA DE ÉRICA ESMORÍS

Onte tivemos a visita de Érica Esmorís na nosa Biblioteca! 👏👏👏

Foi un encontro moi bonito onde nos contou moitas curiosidades da súa vida e sobre a súa obra "Patio de luces". 🥰📚🥰
Volve pronto!!❤️

luns, 17 de outubro de 2022

17 de outubro_DÍA DAS ESCRITORAS

 


O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022  o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 

 
 
       "Houbo unha vez unha guerra.
       Despois da guerra, quedamos sen casa.
       -Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
       Fomos vivir ao coche.
       Desde entón, vivir era viaxar." 
 
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)


E seguindo estes consellos, hoxe na Biblioteca de Toc-Tina tivemos lecturas e postas en común sobre unha escolma de textos seleccionados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, estes días subiremos o resumo en imaxes.

Toc-Tina😘

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

mércores, 23 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO_DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe é día de celebración!! É o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!!!👏👏👏 

E no colexio festexámolo por todo o alto! Realizamos actividades ao longo de toda  semana e hoxe saímos tod@s ao patio a cantarlle a Rosalía!💜💜💜

Por aquí vos deixo un resumo das actividades e o vídeo da canción!

Que viva a nosa ROSALÍA!!

Toc-Tina😘



#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia

#ceipsalgadotorres #plambe #sementadepensamentos 

#díaderosalíadecastro

luns, 18 de outubro de 2021

#DÍADASESCRITORAS

 18 DE OUTUBRO
DÍA DAS ESCRITORAS


O lema deste ano é LER AS IDADES DA VIDA...

"Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

Se premedes na imaxe coñeceredes un pouco máis sobre o por que deste día.



Os vosos compañeir@s de 6º quixeron aportar o seu grao de area e nestes días estiveron gravando e ilustrando textos dalgunhas das grandes escritoras que temos en Lingua Galega.

Aquí vos deixo o resultado final! Moitas grazas polo voso esforzo e ilusión!👏💜👏

Toc-Tina😘



domingo, 1 de novembro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS...AS VOSAS APORTACIÓNS!

Hoxe pásome por aquí para amosarvos as actividades tan chulas que fixeron algúns dos vosos compañeir@s para celebrar o DÍA DAS ESCRITORAS. Leron textos de moitas autoras galegas e aproveitaron tamén para reivindicar o papel da muller nesta sociedade.

Noraboa a tod@s!!! Sodes uns artistas!!!

Vémonos mañán!! Moi atentos ao reto desta semana!!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 

mércores, 17 de xuño de 2020

AS NOSAS ESCRITORAS

Última entrega, por este curso, de As nosas escritoras cunha muller que nos encanta e que nos fixo pasar tan bos momentos coa súa obra Marta e a Píntega e cos seus talleres na Semana das Letras Galegas anos atrás.

Ela é  Eli Ríos!!! Moitísimas grazas por este saúdo agarimoso!!
Xa nos tarda outra visita túa!!! 😍😍😍


Deica mañán rapazada!!!

Toc-Tina


#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa
#consentidiño
#asnosasescritoras

mércores, 10 de xuño de 2020

AS NOSAS ESCRITORAS

Ola, ola!!!

Hoxe tardei un pouquiño en subir a entrada porque tiven algún que outro problemiña técnico...pero xa está aquí e pagou a pena esperar porque hoxe nas nosas queridísimas escritoras dos mércores temos con nós a Laura Rey Pasandín.

Marabillosa escritora e poeta coruñesa que ademáis nos agasallou cun poema sobre o noso patio aló polo mes de marzo...lembrades? Aquí vos deixo con ela...



Millóns de grazas por este agarimoso saúdo Laura!!!💗💗💗
Quedas invitada á nosa Biblioteca!!!

Lémonos mañán!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#asnosasescritoras

mércores, 3 de xuño de 2020

AS NOSAS ESCRITORAS

Ola, ola!!

Este mércores temos a inmensa sorte de ter con nós a María Canosa!!! Si, si, a escritora que veu á nosa Biblioteca a falar de libros tan marabillosos coma Muriel, A cazadora de Estrelas ou Rubicundo.

Estou segura de que entre vós hai alguén que se lembra da súa sinatura e os seus fermosos cuños de estrelas...a min chegáronme ao corazón!!!💗💗💗

Unha das últimas adquisicións que fixemos na Biblioteca foi un libro seu, Unha fábrica de bicos, que está agardando por vós!!


Pois aquí vos deixo con ela, gozade do día que seguro será estupendo!!!


Moitas grazas María!!!
Non nos chega a hora de terte pola nosa Biblioteca e encherte de bicos e apertas!!!

Toc-Tina


#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#asnosasescritoras

mércores, 27 de maio de 2020

AS NOSAS ESCRITORAS

Ola, ola!!

Hoxe estamos de estrea!!👏👏👏

Xa que as escritoras e ilustradoras que ían vir á nosa Biblioteca non poden facelo por agora, pedinlles se me enviaban unhas palabriñas para vós e...sorpresa!!! Tiven sorte!!!

Así que os mércores coñeceremos a unha escritora ou ilustradora de libros que temos na Biblioteca e que tanto nos gustan!!

E mirade que ben comezamos!! Cunha escritora da nosa cidade a que eu quero moito!!!

Con todos vós...Beatriz Maceda.



Moitas grazas Bea!!!
Lémonos mañán!!!

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#maiomesdasletras
#asnosasescritoras