Amosando publicacións coa etiqueta Venres BOOKTUBERS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Venres BOOKTUBERS. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de xuño de 2022

Venres de Booktubers!!

Rematamos a semana con 3 Booktubers, aínda que un deles é o que leva a voz cantante!!😅

Moitas grazas a Álex, Dani e Charli por esta recomendación lectora!! 👏👏👏

Que pasedes unha estupenda fin de semana!!

Toc-Tina😘



venres, 20 de maio de 2022

Venres de Booktubers!!

Ola, ola!!👋👋👋

Remato a semana ben contenta!! Os Booktubers de hoxe parece que tomaron en serio isto da Semana das Letras Galegas e ollade que super recomendación lectora nos fan na nosa fermosa lingua!!😍💙Moitas grazas Leo e Diego!!

Que teñades boa fin de semana!!

Toc-Tina😘


#ceipsalgadotorres #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #robotsconcorazón #booktubers

venres, 6 de maio de 2022

Venres de Booktubers!!

Ola, ola!!👋👋👋

Xa facía tempo que non subía algunha das vosas recomendacións lectoras!! 

Pois hoxe toca, e cun libro ben chulo!!👏👏👏 Moitas grazas a Andrea de 3º por esta fantástica recomendación!😍

Que teñades unha bonita fin de semana!!

Toc-Tina 😘


@ceipsalgadotorres @bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe #robotsconcorazón #lermola

venres, 25 de marzo de 2022

UNHA RECOMENDACIÓN POÉTICA

Ola, ola! 👋👋👋

Vaia semana bonita e cargadiña de poesía levamos!😍 Por iso este venres quero facer unha entrada un pouquiño diferente! Ando a facer a montaxe de todos os poemas e ilustracións que me estades enviando e para agradecer o voso traballo vou a facer eu hoxe a recomendación lectora.

Eu elixín esta marabillosa publicación da Editorial Kalandraka, porque é pura poesía!💗💗💗


É un dos libros que máis me gustan da nosa Biblioteca, un poema musical no que ademais colabora Paco Nogueiras, quen estará con nós o vindeiro luns para que os máis pequenos da escola gocen coas súas historias! 

Aquí vos deixo o booktrailer de presentación, agardo que vos guste tanto como a min!😉


Boa fin de semana!

Toc-Tina😘

@ceipsalgadotorres @paconogueiras #plambe #bescolaresgal #poesía 

venres, 4 de marzo de 2022

LECTURAS EMPÁTICAS, LECTURAS DE PAZ

Ola a tod@s! 

Agardo que o Entroido fose moi ben!

Eu non vos vou a mentir, ando bastante tristeira polos últimos acontecementos que andan a pasar polo mundo. Por iso hoxe venres, en lugar de un Booktuber coma cada semana, decidín traervos varios títulos que temos na nosa Biblioteca e que desexo que vos axuden a entender, comprender e empatizar con toda a xente que neste momento está vivindo tempos moi duros por culpa da insensatez do ser humano.

Espero que vos gusten, boa fin de semana! E lembrade o afortunad@s que somos!💚💚💚

Toc-Tina 😘



venres, 18 de febreiro de 2022

Venres de Booktubers!!

Rematamos a semana cunha recomendación moi divertida e de banda deseñada!

Moitas grazas a Zoe, unha nena de 3º que o fixo xenial!!👏👏👏

Boa finde!

Toc-Tina😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe

venres, 11 de febreiro de 2022

Venres de Booktubers!!

Rematamos a semana cun Booktubers bonitísimo!😍😍😍

Sara e Lía recoméndannos dun xeito fermosísimo un libro que fala das cousas máis importantes da vida, aquelas que moitas veces non se ven!

Sodes marabillosas! Moitísimas grazas por compartir con tod@s nós!

Que gocedes da fin de semana!!

Toc-Tina😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe


venres, 4 de febreiro de 2022

Venres de Booktubers!!

Hoxe unha recomendación en equipo! Que bonito é axudarse entre compañeir@s!👏👏

Moitas grazas Indhira e Carmen por ensinarnos este libro tan chulo sobre as emocións!

Que teñades boa fin de semana!

Toc-Tina😘



#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe

venres, 28 de xaneiro de 2022

Venres de Booktubers!!

Este venres unha recomendación de parte de Zoe, unha nena de 2º, que nos descubre un libro cunha temática moi importante, o bullying.

Recordade sempre que os valentes son os que axudan e os que denuncian as inxustizas! 👍👍👍

Moitas grazas Zoe pola túa achega!👏👏👏

Que teñades moi boa fin de semana!

Toc-Tina😘 


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe

venres, 21 de xaneiro de 2022

Venres de Booktubers!!

Rematamos a semana cunha recomendación que chega do corazón!💗💗💗 

Moitas grazas Vicky por amosarnos este título e recordar con tanto agarimo as túas raíces! 

Seguimos aproveitando o bo tempo para ler ao aire libre no noso fantástico patio!💚

Que teñades unha bonita fin de semana!!

Toc-Tina😘



#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 

venres, 14 de xaneiro de 2022

Venres de Booktubers!!

Estamos de volta cos nosos Booktubers!!👏👏👏

O primeiro deste ano 2022 é Hugo, un neno de 3º que o fai estupendamente! Parece que lle gustan as cámaras!! Moitas grazas por esta recomendación tan chula!!😉

Que pasedes unha boa fin de semana!

Toc-Tina 😘



#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 

venres, 17 de decembro de 2021

GUÍA DE NADAL 2021

Ola, ola! 👋👋👋

Sei que hoxe é venres e tocan Booktubers, pero non me puiden resistir a pasarme por aquí para ensinarvos a GUÍA DE LECTURA DE NADAL que fixemos para vós todo o Equipo de Biblioteca! Esperamos que vos guste!💗

Recordade pedir alomenos un libro nas vosas cartas ao Apalpador, a Papá Noel ou aos Reis Magos, sempre son un acerto!

Seguro que a próxima semana andades todos a mil coas notas, os traballos...así que aproveito para desexarvos Felices Festas e un Bo Nadal a tod@s!!

Toc-Tina😘



#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 

venres, 3 de decembro de 2021

Venres de Booktubers!!

O primeiro Booktuber do mes de decembro é Martín, un neno de 2º que nos recomenda un libro cargadiño de aventuras!👏👏👏

Moitas grazas Martín!!

Recordade que esta semana descansamos ata o xoves 9!! Gozade da ponte e coidádevos moito!!

Toc-Tina😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 

venres, 26 de novembro de 2021

Venres de Booktubers!

 Ola, ola! 👋👋👋

Rematamos a semana cunha Booktuber fantástica! Carmen, unha nena de 3º, nos fai unha recomendación lectora do meu querido Roald Dahl.💗

Que teñades unha boa fin de semana!

Toc-Tina 😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 

venres, 19 de novembro de 2021

Venres de Booktubers!

Ola, ola!

A nosa booktuber de hoxe é unha nena de 3º que nos fai un marabilloso resumo de "Soy Jazz".

Moitas grazas Inés!👏👏👏

Que pasedes unha boa fin de semana!

Toc-Tina 😘


venres, 5 de novembro de 2021

Venres de Booktubers!

Este venres a nosa Booktuber é Noelia, unha nena de 3º que nos fai unha recomendación ben chula!😍

Que saibades que non temos comisión coa libraría que cita no vídeo!!😅😅😅 O libro tamén o tendes na nosa Biblioteca á vosa disposición, e ben seguro que nas librarías do voso barrio tamén!😉

Que pasedes unha fantástica fin de semana!

Toc-Tina 😘


venres, 29 de outubro de 2021

Venres de Booktubers!

 Venres terrorífico!!! Venres de SAMAÍN!!!


E para festexalo, a nosa Booktuber de hoxe recoméndanos un libro moi propio para estas datas!😉
Atent@s a Nora, de 6º de EI, fíxoo xenial!!👏👏👏

Gozade da ponte de defuntos!! Que pasedes uns días arrepiantes!!!😱😱😱

Toc-Tina 😘




venres, 22 de outubro de 2021

Venres de Booktubers!

Ola, ola!

Hoxe rematamos a semana cun neno de 3º que nos recomenda un libro moi divertido!

Moitas grazas Leo!!👏👏👏

Recordade que vos podedes gravar na casa e enviarme as vosas recomendacións lectoras a esta dirección:

  • biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com

Que teñades boa finde!

Toc-Tina😘


venres, 15 de outubro de 2021

NOVIDADES DE OUTUBRO

Esta semana foi curtiña e non houbo moito tempo para poder facer vós os Booktubers, así que hoxe serei eu quen vos faga as recomendacións lectoras presentándovos todas as novidades do mes de outubro que temos na Biblioteca!

Espero que vos gusten moito!!👏👏👏

Boa fin de semana!!

Toc-Tina😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe 

venres, 8 de outubro de 2021

Venres de Booktubers!

Ola, ola!👋👋👋

Hoxe unha recomendación moi divertida da man de Román, un neno de 1º de Educación Primaria que o fixo xenial!!😍👏

Román recórdanos que tamén podedes enviar as vosas recomendacións lectoras dende a casa á nosa dirección de sempre: 

biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com


Vémonos a próxima semana!! Recordade que este luns e martes descansamos!!👏👏👏

Toc-Tina😘


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia

#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe