xoves, 19 de decembro de 2019

Xornada de padriños e madriñas lectores!

Ola, ola! Velaquí tedes o resumo da nosa xornada de padriños e madriñas lectores!
A choiva non nos permitiu poder festexalo ó aire libre, pero iso non foi impedimento para pasalo en grande!



Parabéns os nosos SUPERPADRIÑOS e SUPERMADRIÑAS que axudaron a que todo saira de dez e FELICES FESTAS A TODOS!!


Toc-Tina



martes, 17 de decembro de 2019

Padriños e madriñas lectores!!

Todo listo e preparado para a xornada de mañá de padriños e madriñas lectores. Pasarémolo en grande!!!




Deica mañá! 
Toc-tina 



Obras na biblio!

Ai que peniña nos daba despedirnos da nosa biblio!!! En breves comezamos as obras de ampliación, así que coa axuda dos voluntari@s estamos recolocando e baleirando o que seguro, será un espazo marabilloso! 




O esforzo pagará a pena!

Toc-tina





luns, 16 de decembro de 2019

Luns DE CINE!!

Ola, ola!! Están a piques de chegar as festas do NADAL e con elas a chegada dunha morea de agasallos, entre os que coido que se agochen uns cantos libriños novos cheos de aventuras!

Para despedirnos antes das festas, esta semana soará unha fermosa panxoliña chamada "MÁXICO NADAL" de Carolina Rubirosa.

Esperamos que vos guste!






Toc-Tina

venres, 13 de decembro de 2019

Novas do Club de lectura!

Onte no noso club de lectura tivemos unha marabillosa sorpresa!!! Bea Lema, autora de "O corpo de Cristo" honrounos coa súa visita.


Pasamos unha tarde estupenda!!! Millóns de grazas por vir Bea!


Aquí vos deixo o enlace a súa web porque descubriredes unha gran artista!!
https://bealema.com/


Boa fin de semana!

Toc-tina



Venres de BOOKTUBERS!!

Ola, ola! Como cada venres pásome por aquí para amosarvos o BOOKTUBER desta semana.


Nesta ocasión Ainara recoméndanos o conto Elmer e o osiño perdido, espero que vos guste!

Toc-tina


martes, 10 de decembro de 2019

GUÍA DE LECTURA _ NADAL 2019

E para ir pensando nos agasallos de Nadal aquí vos deixo as nosas recomendacións para ler, xogar e investigar neste fermoso tempo de lecer.

Espero que vos gusten!!




Toc-Tina

luns, 9 de decembro de 2019

Luns DE CINE!!!

Ola, ola! Esta semana temos como melodía no cole a banda sonora dun clásico das películas de Disney.... PETER PAN:





Con ela despedimos a película que traballou 1º dentro do proxecto de cine do cole "MÁIS CINE, POR FAVOR!" e agardamos con emoción ata ver con que nos sorprenden os alumnos e alumnas de 2º!

Espero que vos guste a música tanto como a min e non esquezades facerme unha visitiña!!



Toc-Tina


martes, 3 de decembro de 2019

3 DE DECEMBRO_UN MUNDO PARA TOD@S

Hoxe, 3 de decembro é o Día da  DIScapacidade e dende a nosa Biblioteca gustaríanos recomendarvos unha película que nos chegou ao corazón..."Wonder".

A película está basada nun bestseller de R.J. Palacio que leva o mesmo título e conta como un neno trata de encaixar entre os seus novos compañeir@s e mestr@s, demostrando que pese ao seu físico é un neno coma os demais. 

PORQUE TODOS SOMOS ÚNICOS!!


Téndela á vosa disposición na sección de DVDs...espero que vos guste tanto como a min!!


Toc-Tina

luns, 2 de decembro de 2019

Luns DE CINE!!

Ola, ola! Neste luns de cine queremos compartir con todos vós o fermosa que quedou a nosa biblioteca coa decoración que realizaron os alumnos e alumnas de 1° sobre a película que están a traballar: PETER PAN!
Non esquezades que na biblioteca de Toc-Tina tedes unha morea de libros e películas relacionadas co fantástico mundo de "Nunca Jamás"!




Vémonos moi pronto!

venres, 29 de novembro de 2019

25N_EN LOITA POLA IGUALDADE!!!

Ola,ola!!

Pois hoxe os nosos booktubers tomaron un descanso, pero deixaron por aquí un montón de recomendacións relacionadas coa data do 25 de novembro_Día contra a violencia de xénero.

Contos, relatos, biografías, datos curiosos e unha chea de interesantes lecturas que tendes á vosa disposición na biblioteca!!

Que vos gusten e tomade boa nota!!!





Que teñades unha boa fin de semana!!

Toc-Tina







luns, 25 de novembro de 2019

CLUB DE LECTURA

Hoxe quero compartir con vós unha nova que me enche de ledicia!!!

Neste curso comezamos unha nova andaina...un CLUB DE LECTURA para familias, e estou tan contenta cos seus inicios que aquí vos deixo unhas fotiños.

Eliximos un cómic  titulado "La casa", unha fermosa historia de Paco Roca que nos emociona e nos dá moito xogo para conversar.

Moitas grazas a tod@s por asistir, compartir, e gozar da lectura. E sobre todo grazas a ti, Marga, por facelo posible.



Vémonos pronto!!



Toc-Tina


Luns DE CINE!!

Ola, ola!! Aquí estamos cunha nova entrada para presentarvos a banda sonora desta semana. 

Hoxe é 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, polo que compartimos con vós este mural de bolboretas que fixemos entre todo o alumnado do colexio e tamén vos deixo o enlace á canción que escoitaremos estes días: "RESPECT" de Aretha Franklin.





 Esperamos que vos guste tanto como a nós!


Toc-Tina

xoves, 21 de novembro de 2019

Venres de BOOKTUBER!

Ola, ola! Pásome por aquí para amosarvos o BOOKTUBER desta semana. Neste caso, son Claudia e Mariña as que nos recomendan "Os bolechas fan maxia" e "Marcopola a illa remeira".


Moitas grazas pola vosa colaboración!

Un saúdo!
Toc-tina


mércores, 20 de novembro de 2019

Xornada BIBLIOTECA INCLUSIVA!

Boas noites! 
Agora que estou soíña na nosa biblio e teño algo de tempo libre, aproveito para comentarvos que o meu equipo asistiu o pasado venres á xornada “Biblioteca inclusiva, cidadanía na diversidade" celebrada no EGAP en Santiago de Compostela.



Os nosos seguidores en instagram xa saberán de que vos estou falando!!

Polo que me comentaron as compis, o principal obxetivo desta xornada era facer ver e reflexionar sobre o que realmente é unha BIBLIOTECA INCLUSIVA.

Moitas veces pensamos que con ter libros ou contos adaptados a diferentes necesidades é suficiente, pero non é así, ademais dos fondos bibliográficos existen outros moitos factores que condicionan o feito de que unha biblioteca sexa inclusiva: os espazos, o mobiliario e a súa distribución, a sinalización, etc.

Ademais de poder reflexionar sobre iso, achegáronse ao mundo da lectura fácil da man de Blanca Mata e tiveron a oportunidade de facer o obradoiro “E-téxtil: libros, pop-up e circuitos“ coa experta en e-téxtiles aplicados á educación, Paula Guimeráns. Grazas a ela descubriron en que consisten os paper circuits, unha das últimas novidades no ámbito STEAM
Na seguinte foto podedes ver en que consiste, así como tamén os materiais necesarios para facelos. 


Convídovos a que comecedes a investigar sobre estos circuitos e a ARGALLAR!!!

Un saúdo!
Toc-tina



martes, 19 de novembro de 2019

Entrega de premios do concurso micro-relatos!

Boas de novo!! 
Que ben o pasamos celebrando o Magosto🌰🌰!!! 
Noraboa aos premiados e a tod@s os participantes no concurso de micro-relatos de medo!!!

Nestes próximos días subirei os relatos gañadores para que poidades pasar tanto medo coma min!!
E todos os micro-relatos finalistas formarán parte dun "libro terrorífico" que poderedes ler na biblioteca!!

Un saúdo!




Toc-tina

luns, 18 de novembro de 2019

Luns DE CINE!!

Ola, ola! Como xa saberedes hoxe é luns e, polo tanto, toca presentar unha nova banda sonora!!
Seguimos coa nosa viaxe pola historia da música no cine e situámonos nos ANOS 40, a época dourada das bandas sonoras de Hollywood!
Para festexalo eliximos un clásico da época, a banda sonora da película BEN HUR!!




Esperamos que vos guste!


venres, 15 de novembro de 2019

Venres de BOOKTUBERS!

Ola, ola! Como cada venres pásome por aquí para traervos o BOOKTUBER desta semana.



Espero que vos guste,

Un saúdo e boa fin de semana!

Toc-tina




luns, 11 de novembro de 2019

Novidades desta semana!

Ola, ola! 
Déixovos algunhas das NOVIDADES que presentamos ao longo desta semana.





Bichos: La vida secreta de los animales




Animalia




Los superpreguntones





La vuelta al mundo de Sherlock Holmes




Los increíbles enigmas de Sherlock Holmes




Mundo desconocido: Océano



Un saúdo, Toc-Tina!


Luns DE CINE!!

Ola, ola, rapaces e rapazas! Facemos unha pequena pausa na nosa viaxe pola historia da música no cine e preséntovos a nova canción que vai acompañarnos ao longo da semana para festexar o MAGOSTO. Chámase "13 LÚAS" e é a que imos cantar e bailar todos xuntos este próximo venres antes de poñernos morados a CASTAÑAS!!

Déixovos o vídeo coa canción para que a poidades aprender tod@s!!





Un saúdo, Toc-Tina!

venres, 8 de novembro de 2019

Venres BOOKTUBERS!!

Ola, ola! Como xa vos comentei anteriormente, no blog imos ter dúas entradas fixas ao longo da semana e os venres son os BOOKTUBERS, vídeos de recomendacións feitas polos propios alumn@s. 

A continuación vos deixo as desta semana!



Espero que vos guste tanto como a min. Boa finde e un aplauso para @s alumn@s deste cole!


Toc-tina


mércores, 6 de novembro de 2019

Presentación de xogos!

Boas de novo! 
Seguimos coas presentacións de xogos na biblioteca. Mañá no recreo poderedes pasalo ben e aprender a xogar ao ESCONDITE EN LA ISLA JR.



Espérovos a tod@s alí! 

Toc-tina


martes, 5 de novembro de 2019

Novidades desta semana!

Ola, ola! 
Déixovos algunhas das novidades que presentamos ao longo desta semana.


Bellezas de la naturaleza                                              Novo mundo

                                          



     Animales al 100%                                             Mujeres exploradoras

                                        


   A tumba de Breogán                                                   Dinolandia

                                           



      Huerto fácil con niños                                         Juego de letras

                      


        O pequeno indio                                        Elmer e o osiño perdido

                                 



Pippi mediaslongas nos mares do sur                      O can de Milu

                                        


En el vertedero con Juan y Pedro




Un saúdo, Toc-Tina!