Boas noites!
Agora que estou soíña na nosa biblio e teño algo de tempo libre, aproveito para comentarvos que o meu equipo asistiu o pasado venres á xornada “Biblioteca inclusiva, cidadanía na diversidade" celebrada no EGAP en Santiago de Compostela.

Os nosos seguidores en instagram xa saberán de que vos estou falando!!
Polo que me comentaron as compis, o principal obxetivo desta xornada era facer ver e reflexionar sobre o que realmente é unha BIBLIOTECA INCLUSIVA.
Moitas veces pensamos que con ter libros ou contos adaptados a diferentes necesidades é suficiente, pero non é así, ademais dos fondos bibliográficos existen outros moitos factores que condicionan o feito de que unha biblioteca sexa inclusiva: os espazos, o mobiliario e a súa distribución, a sinalización, etc.
Ademais de poder reflexionar sobre iso, achegáronse ao mundo da lectura fácil da man de Blanca Mata e tiveron a oportunidade de facer o obradoiro “E-téxtil: libros, pop-up e circuitos“ coa experta en e-téxtiles aplicados á educación, Paula Guimeráns. Grazas a ela descubriron en que consisten os paper circuits, unha das últimas novidades no ámbito STEAM.
Na seguinte foto podedes ver en que consiste, así como tamén os materiais necesarios para facelos.
Na seguinte foto podedes ver en que consiste, así como tamén os materiais necesarios para facelos.
Convídovos a que comecedes a investigar sobre estos circuitos e a ARGALLAR!!!
Un saúdo!
Toc-tina
Ningún comentario:
Publicar un comentario