Como estes días teño moito tempo para pensar, acordeime de que a vindeira semana tiñamos unha fermosa cita para recitar poesía coas familias na nosa Biblioteca...evidentemente non vai poder ser...pero o coronavirus non nos vai parar!!
Aquí vai a miña proposta!!
Quero encher o blog e o noso Instagram de nais, pais, nenos, nenas, tíos, avoas, sobriños, curmás, mestras...
...recitando poesía!!!
A idea é que elixades un poema (en galego, castelán,inglés...gústannos todos), vos gravedes e o enviedes a este correo:
biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com
Sería fantástico se vos animades a escribir e recitar os vosos propios poemas, pero para facilitarvos a tarefa aquí vos deixo algúns enlaces onde descubriredes o marabilloso mundo da poesía!!
#Euquedonacasa
#Poesíanacasa
#bescolaresgalAbertas
- http://revistababar.com/wp/category/libros/poesia-libros/
- https://sites.google.com/view/paxinaspoeticas/
- https://www.pinterest.es_libros poesía para nenos
- https://www.marbenegas.es/
- https://www.rimador.net/
- https://buscapalabras.com.ar/
- https://sites.google.com/site/diapoesiarecursos/
- https://www.poetalia.com/
- https://www.instagram.com/poesiaentusofa/
Espero os vosos correos, ANIMÁDEVOS!!!
Toc-Tina
#Poesíanacasa
#bescolaresgalAbertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario