xoves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL_DÍA DO LIBRO

E chegou o día!!

O Día Mundial do Libro de do Dereito de Autor. O 23 de abril recordamos o falecemento de dúas grandes figuras da Literatura Universal, Miguel de Cervantes e William Shakespeare no ano 1616.

Gustaríanos moito celebralo no cole cunha xornada de padriños e madriñas lectores, enchendo cada recuncho do centro de lecturas de todo tipo e de momentos cheos de emoción. Este ano non pode ser, pero non imos deixar que o coronavirus nos impida celebrar unha das nosas datas favoritas!!!

Nestes días caseiros a lectura é imprescindible nas nosas vidas, e así o demostrades coas fotos que me enviades dos vosos momentos lectores!!

Aquí vos deixo un resumo das fotos e os debuxos enviados para o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día das Artes Galegas.


Quero tamén que leades o fermoso texto que Manuel Gago creou para esta ocasión e que nos deixa frases tan fantásticas coma esta:

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín."

Grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia porque cada ano nos agasallan con fermosas ideas e textos que fan da lectura un auténtico pracer.

Grazas por ler!!!
Toc-Tina

#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa
#díadolibro

Ningún comentario:

Publicar un comentario