mércores, 1 de abril de 2020

EN ABRIL...HISTORIAS MIL!!!

Ola, ola!!

Comezamos o mes de abril con moitas ganas e enerxía, así que estade atent@s a todas as novas que temos hoxe para vós!!!

O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, que neste 2020 homenaxea ao arquitecto Domingo de Andrade.

Pois iso quero eu!! Que vos convirtades en arquitectos ou algo parecido!!
Gustaríame moito que fixérades debuxos do noso cole e da nosa biblioteca, para que non vos esquezades do bonitos que son!!
Facédelle unha foto a eses debuxos e enviádemos a este correo ou mandádella aos vosos titores ou titoras antes do 10 de abril:

biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com


Con todas as vosas obras de arte farei unha montaxe e compartireina con vós!!

E non se me esquece  a historia de hoxe...continuamos cos marabillosos recitados de poemas!
Nesta ocasión son Román e o seu papá os que vos farán disfrutar dun fermoso poema de Antonio Machado.

Noraboa polo ben que o fixestes!!

CONCLUSIONES - EL CICLO DEL AGUA

Estade atentos ao longo do día de hoxe...haberá novidades que seguro vos gustarán!!

Apertas!

 Toc-Tina


#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa
#poesíanacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario