Pois hoxe saúdo en English porque é unha das nosas "teachers" a protagonista das nosas historias de abril.
Moitas grazas Raquel por esta historia tan chula e divertida!!! Moito coidadiño co lobo!!!
Como estes días son festivos e andamos todos un pouco despistados vouvos deixar algún día máis para que me enviedes o que queirades das nosas propostas:
- DÍA DAS ARTES GALEGAS: debuxo do cole ou da biblioteca.
- DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL: unha foto tipo bookface co voso libro favorito ou algún que vos guste moito, moito.
- EN ABRIL...HISTORIAS MIL!!!: vídeo contando un conto, unha historia, un poema, ensinando os teus debuxos e manualidades destes días...o que máis che apeteza, queremos escoitarte!
Pois xa sabedes, animádevos que aínda mos podedes enviar a este correo ata o martes 14 de abril!!!
biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com
Ou se preferides adxuntalo neste enlace, o que vos resulte máis sinxelo!
https://www.dropbox.com/request/Uitz3J83P8aPqnlH1b0R
Que pasedes boa tarde amiguiñ@s!!
Toc-Tina
#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario