Cada Primeiro de Maio,
coma nunha obriga sagrada,
achegámonos aquí,
compañeiras, camaradas.
Solidarios co que fostes,
loitamos duras batallas,
por mellorar esta terra,
por darlle ao futuro esperanza.
Pola liberdade eterna
que levábades na ialma.
Os soños non morren,
son coma o mar que se agranda
cando o vento zoa fero.
Viva o Primeiro de Maio!
Xosé Manuel Pose Mesura
Gozade do festivo e do Día da Nai este domingo!!
Lémonos o luns!!
Toc-Tina
#bescolaresgalAbertas
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario