Comezamos a semana recargados de enerxía e moi felices por estar en FASE 1!!!
Pero moito ollo!!! Non esquezades nunca as medidas preventivas e as distancias de seguridade!!!
Entre todos o conseguiremos!!!💪💪💪
Pois este luns cambiamos de banda sonora, e aínda que non pertence a unha película, escollemos esta canción porque debuxa moi ben este mes de maio. Primavera, luces, choiva, flores, e música, moita música!!!
"O maio" é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza. Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello da Cultura Galega (CCG) vén de xuntar nun proxecto celebrativo este poema reivindicativo de Curros coas novas voces da música galega. O resultado é un vídeo musical que mestura rumba con influencias da música tropical para dar a benvida ao mes de maio e, de paso, celebrar a vida cun alento solidario. Haberá mil primaveras máis!
Lémonos nas historias de maio!
Toc-Tina
#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#maiomesdasletras
Ningún comentario:
Publicar un comentario