venres, 29 de maio de 2020

VENRES DE BOOKTUBERS!!

E xa estamos outra vez a venres!!! O último venres de maio!!!

A sección de booktubers de hoxe é algo diferente, especial...

A semana pasada mandeilles unha mensaxe a todas as librarías da nosa cidade para que se deran a coñecer e nos fixeran algunha recomendación lectora. Agora que moitos comercios xa están abertos, recordade mercar nos locais do barrio e nas librarías marabillosas que temos na Coruña.

A primeira en animarse a facer un vídeo para nós foi a libraría Espazo Lector Nobel e a súa fantástica libreira Montse. Moitas grazas por colaborar con nós!!!

Tomade boa nota do que nos conta Montse!!


Gozade da fin de semana!!!
Aquí vos espero o luns!!!

Toc-Tina


#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario