venres, 12 de xuño de 2020

LECTURAS DE VERÁN_2020

Ola, ola!!

E xa estamos a venres outra vez!!! Que rápido pasa o tempo!!! Tan rápido que xa vos traio as propostas que entre eu e o Equipo de Biblioteca argallamos para vós e as vosas familias para este verán!!!

Porque xa sabedes que para viaxar, a mellor nave é un libro!!

Lecturas, cine e xogos!!! Moitas ideas que desexamos vos gusten tanto como a nós!!!

E recordade...se tendes unha librería no voso barrio, mercade alí, o pequeno comercio necesita a nosa axuda máis que nunca.

Nesta guía hai unha novidade!! Se clicades na imaxe dos libros iredes directamente a unha páxina onde vos conta brevemente de que trata cada un.

Ollade, ollade, a ver cal vos apetece máis!!!


Que teñades unha fantástica fin de semana!!!
 Ata o luns!!! 

Toc-Tina

#bescolaresgalabertas
#euquedonacasa
#euleonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario