domingo, 20 de setembro de 2020

Estamos de volta!!!

 Ola, ola!

Aquí estou de volta e con enerxías renovadas!!

Moi contenta de vervos estes primeiros días polo cole!! Boteivos moito de menos!!

Sabedes que este é un curso diferente, pero estou segura de que entre todos conseguiremos que sexa estupendo!!

Para comezar quero contarvos que o proxecto do cole gústame tanto que xa me fixen un traxe para a ocasión...ROBOTS CON CORAZÓN.

A que me senta ben?

Quedan poucos días para que a Biblioteca abra as súas portas, será no mes de outubro, mentras tanto estade moi atent@s ás novidades que vos irei contando por aquí!!

Vémonos pronto rapazada!!!

Toc-Tina


#sentidiño


Ningún comentario:

Publicar un comentario