Ola, ola!!
Pásome por aquí para contarvos que hoxe é o Día das Escritoras, unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
A V Edición celébrase este ano 2020 baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".
Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares propóñennos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
Nós imos a apuntarnos á lectura dos textos seleccionados dende a Asesoría e a facer unha sinxela montaxe con todas as aportacións...ANIMÁDEVOS!!!
Aquí vos deixo os textos!!
"Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, porque somos invisibles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se ve. Así facemos nosoutras."
Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)
Estade atent@s esta semana porque haberá novidades!!!
Toc-Tina
#bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
Ningún comentario:
Publicar un comentario