venres, 23 de outubro de 2020

24 DE OUTUBRO_DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola, ola!!

Xa estamos a venres!!! Hoxe tocaría unha entrada de booktubers, pero como este sábado se celebra o DÍA DAS BIBLIOTECAS, decidín recordárvolo!!

 Lévase celebrando o 24 de outubro dende o ano 1997 e neste ano tan especial, a edición baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón", céntrase en destacar o importante papel que xogan as Bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera lugar e circunstancia.

Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.


E para que comecedes a finde estupendamente, aquí vos deixo un enlace cun montón de lecturas, para todos os gustos e idades!!

Que pasedes unha boa fin de semana!!

Toc-Tina


#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ningún comentario:

Publicar un comentario