Ola a tod@s!
Hoxe é un día importante, que non debemos pasar por alto. Hoxe é 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero.
No noso cole sumámonos á campaña proposta pola Deputación da Coruña e miramos de fronte á violencia de xénero, porque non hai outra forma de parala. Para iso, tod@d fixemos unha foto das nosas olladas e as estamos a colocar na entrada do colexio. Cando teñamos o resultado final subireino para que o poidades ver.
Moitas grazas ao Equipo de Convivencia pola fantástica idea de sumarnos a esta campaña!👍👍👍
Déixovos un par de recursos moi interesantes. Unha biblioteca virtual cargadiña de lecturas que promoven a igualdade entre mulleres e homes e unha marabillosa historia de Palmira Castro, non deixedes de vela...😉💗
Lémonos nun anaquiño coa curta robótica dos mércores!!!
Toc-Tina
#navegaraigualdade
#defronte
#bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario