Ola, ola!!
Estes días estiven moi ocupada porque asistín ás XORNADAS DE PLAMBE que cada ano convoca a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Estaban convocadas para o pasado mes de abril, pero por causa da COVID-19 foron adiadas ata esta fin de semana.
O novo formato online non mermou para nada o entusiasmo dos poñentes que sempre nos agasallan con novas ideas e nos enchen de ilusión por seguir avanzando. Multitude de experiencias motivadoras que seguen a facer das Bibliotecas Escolares lugares cheos de vida.
Aquí vos deixo algunha imaxe das Xornadas.
" Si no puedo bailar, ésta no es mi Biblioteca."
Que teñades boa semana!! Lémonos mañán!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario