venres, 18 de decembro de 2020

Venres de Booktubers

Pois chegamos ao último venres antes das vacacións de Nadal!!

Así que animádevos a facer de Booktubers para subir aquí as vosas recomendacións lectoras á volta !!

Onte fun de paseo polas librarías da nosa cidade e tiven a sorte de atoparme con Paco Nogueiras asinando exemplares do seu último traballo...EXTRA!

E como sei que vos encanta, aproveitei e pedinlle que nos adicara o libro-disco. Como tamén estaba o ilustrador, Marc Taeger, a dedicatoria é total!!!👏👏👏 Sinatura e debuxo para nós!!!😍😍😍

Xa o tendes na Biblioteca para poder cantar e bailar a tope con el!!!

Que teñades boa fin de semana!!

Toc-Tina

#bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ningún comentario:

Publicar un comentario