xoves, 11 de febreiro de 2021

MULLERES E NENAS NA CIENCIA

11 de febreiro, hoxe é o Día das MULLERES E NENAS NA CIENCIA.

Dende o ano 2015 a ONU estableceu este día para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia perseguindo esa igualdade de xénero tan necesaria.

Para saber un poquiño máis sobre mulleres e nenas galegas destacadas neste campo aquí vos deixo unha completa presentación cedida xenerosamente pola Biblioteca Escolar do CEIP de Casás

Moitas grazas por compartir!!👏👏👏

Clicade na imaxe e aprenderedes moitísimo!!!

Vémonos mañán cos nosos Booktubers!!

Toc-Tina😘

#bescolaresgalabertas
#bescolaresgal
#bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #diadamullereanenanaciencia

Ningún comentario:

Publicar un comentario