venres, 16 de abril de 2021

Venres de Booktubers

Ola, ola!!👋👋👋

Hoxe é Hugo, un neno de 2º, quen nos fai unha recomendación lectora chulísima!! E ademais díxome un paxariño que hoxe está de aniversario, así que moitos parabéns Hugo!!👏👏👏

E quero despedir a semana animándovos ás familias a participar na proposta que facemos para celebrar a próxima semana o Día do Libro. Queremos facer unha maratón de BOOKTUBERS e publicar recomendacións lectoras todos os días!! Encantaríame que participase xente de todas as idades!! 

Veña, animádevos e enviade o voso vídeo ao noso correo:

                                        biblioteca.ceip.salgadotorres@gmail.com

Os vídeos deben ser en horizontal e curtiños, que non sobrepasen os dous minutos. 😉 

Que teñades boa fin de semana!!

Toc-Tina😘

#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe

Ningún comentario:

Publicar un comentario