venres, 14 de maio de 2021

ENCONTRO LITERARIO

Ola, ola!👋👋👋 

Onte tivemos a sorte de ter un encontro na nosa Biblioteca con David Rodríguez, o autor e ilustrador de Superavoa, unha bonita e emotiva historia.

Os afortunad@s foron a rapazada de 1º de Primaria, que gozaron do escritor escoitando o conto, facéndolle preguntas e ata escoitando unha canción!! Xornada completiña para celebrar as nosas Letras!! 

Moitas grazas á Editorial Xerais por facer posible este encontro!😉👏😉

Aquí vos deixo un resumo da xornada!


#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia
#ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe #17demaio

Ningún comentario:

Publicar un comentario