mércores, 5 de maio de 2021

OBRADOIRO DE BOOKTRAILERS

Ola, ola!!👋👋👋

Pásome por aquí para amosarvos as imaxes dun obradoiro de booktrailers que tivo o alumnado de 6º do noso cole!!

Esta actividade conseguímola grazas aos voluntari@s da Biblioteca do curso pasado, que co seu bo traballo lograron gañar un premio outorgado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares na categoría de Bibliotecas Solidarias. Debido a situación sanitaria vivida o pasado curso non puideron realizala, así que xenerosamente lla cederon aos nenos e nenas deste curso! 

María e Roi foron os encargados de dirixir a actividade e quedamos encantad@s con eles!!😍😍😍

Moitas grazas pola vosa profesionalidade e bo facer!! Esperamos volver a vernos!!😉

Aquí vos deixo un resumo da xornada!!

Toc-Tina 

#bescolaresgalabertas #bescolaresgal #bibliotecasescolaresdegalicia #ceipsalgadotorres #robotsconcorazon #plambe

Ningún comentario:

Publicar un comentario