xoves, 30 de setembro de 2021

REMATANDO SETEMBRO...

Ola. ola!!

No último día de setembro retomamos a actividade nas redes!!👏👏👏

Este mes fun de paseo polas librerías para traervos un montón de novidades á nosa Biblioteca!!

Espero que vos gusten!!😍😍😍


Aproveito tamén para contarvos que a partir de mañán comezamos coas nosas entradas habituais no blog e Instagram. Este curso faremos dúas entradas semanais fixas e as que vaian xurdindo!😉

  • LUNS_ Sabías que...? Curiosidades e anécdotas sobre o mundo da robótica.
  • VENRES_Booktubers.  A nosa sección das fantásticas recomendacións lectoras!
Continuamos cos nosos "Robots con corazón", así que aquí sigo...ROBOTIZADA!!💓


Un pracer estar por aquí de novo! Lémonos!
Toc-Tina😘😘😘


Ningún comentario:

Publicar un comentario