18 DE OUTUBRO
DÍA DAS ESCRITORAS
O lema deste ano é LER AS IDADES DA VIDA...
"Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."
Se premedes na imaxe coñeceredes un pouco máis sobre o por que deste día.
Os vosos compañeir@s de 6º quixeron aportar o seu grao de area e nestes días estiveron gravando e ilustrando textos dalgunhas das grandes escritoras que temos en Lingua Galega.
Aquí vos deixo o resultado final! Moitas grazas polo voso esforzo e ilusión!👏💜👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario