mércores, 9 de marzo de 2022

GRACIÑAS POLAS SUXESTIÓNS!

Ola. ola!!👋👋👋

Hoxe pásome por aquí porque teño que pedir desculpas a moitos nenos e nenas que viron esquecido o seu bo facer para a exposición do DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN.

Menos mal que deixaron as súas suxestións no noso buzón e así puiden darme conta do erro!! Non sei o que puido pasar, pero a verdade é que faltaban máis de 50 ilustracións por amosar na presentación!

Así que como rectificar é de sabios...😉 aquí vos deixo completo e actualizado (iso espero!) o vídeo con todas as vosas fantásticas ilustracións!

Moitísimas grazas ao alumnado que dou o aviso!!

Toc-Tina😘



Ningún comentario:

Publicar un comentario