O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, comisariada pola escritora Carmen Domingo . “Un ano máis – avanza Ana Santos Aramburo, directora da BNE – recuperamos a palabra de mulleres escritoras que nos seus textos reflicten sentimentos, procuras e loitas. Mujeres valentes cuxa obra, en moitas ocasións, foi ignorada. Rescatar hoxe a súa voz é un acto de xustiza e recoñecemento cara a todas elas”. O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
"Houbo unha vez unha guerra.
Despois da guerra, quedamos sen casa.
-Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
Fomos vivir ao coche.
Desde entón, vivir era viaxar."
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)
E seguindo estes consellos, hoxe na Biblioteca de Toc-Tina tivemos lecturas e postas en común sobre unha escolma de textos seleccionados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, estes días subiremos o resumo en imaxes.
Toc-Tina😘
#bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras
Ningún comentario:
Publicar un comentario