venres, 25 de marzo de 2022

UNHA RECOMENDACIÓN POÉTICA

Ola, ola! 👋👋👋

Vaia semana bonita e cargadiña de poesía levamos!😍 Por iso este venres quero facer unha entrada un pouquiño diferente! Ando a facer a montaxe de todos os poemas e ilustracións que me estades enviando e para agradecer o voso traballo vou a facer eu hoxe a recomendación lectora.

Eu elixín esta marabillosa publicación da Editorial Kalandraka, porque é pura poesía!💗💗💗


É un dos libros que máis me gustan da nosa Biblioteca, un poema musical no que ademais colabora Paco Nogueiras, quen estará con nós o vindeiro luns para que os máis pequenos da escola gocen coas súas historias! 

Aquí vos deixo o booktrailer de presentación, agardo que vos guste tanto como a min!😉


Boa fin de semana!

Toc-Tina😘

@ceipsalgadotorres @paconogueiras #plambe #bescolaresgal #poesía 

Ningún comentario:

Publicar un comentario