xoves, 12 de marzo de 2020

AVISO URXENTE!!!

Ola, ola!!
Aquí vos deixo a nota informativa que temos na páxina web do cole, así que xa sabedes...

A facer caso ás recomendacións e con moita calma e sentidiño!!

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo,anunciou en comparecencia televisiva, tras a celebración do Consello de Goberno da Xunta de hoxe, xoves, entre outras medidas para frear a expansión do coronavirus COVID-19, as seguintes:
  • A suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares en TODAS as etapas educativas. De maneira oficial, a partir do luns día 16 de marzo. No obstante, recoméndase que , xa mañá, venres, non se leven aos alumnos e alumnas aos centros, que permaneceran abertos.
  •  A suspensión inicial prevista é de 14 días.
De momento, nin o Portal Educativo, nin a páxina Web da Xunta de Galicia achegan más información ao respecto, polo que transmitiremos toda a información que se nos vaia achegando.
Un saúdo,
O Equipo Directivo

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsalgadotorres/node/860


Vémonos pronto!!

Toc-Tina






Ningún comentario:

Publicar un comentario