luns, 16 de marzo de 2020

UN LUNS DIFERENTE...

Ola, ola!!

Pois un luns diferente dende logo...estou un pouco tristeira porque o cole está baleiro e boto moito de menos os vosos aloumiños e as historias que me contades cada día...

Pero nada de poñernos tristes, é o que toca!!! #Euquedonacasa

Así que como é luns toca banda sonora...como non podedes vir a escoitala ao cole, xa vola poño eu no blog!! 
É unha canción de Jorge Drexler, cantautor uruguaio, que nos explica as cousas que están sucedendo sobre o coronavirus e a importancia de que todos axudemos a parar esta pandemia.

Mándovos unha aperta enorme e moitos ánimos para levar estes días o mellor posible!!

"CODO CON CODO"

Ya volverán los abrazos,
los besos dados con calma,
si te encuentras un amigo
salúdalo con el alma.

Sonríe, tírale un beso,
desde lejos sé cercano,
no se toca el corazón
solamente con la mano.

La paranoia y el miedo
no son, ni serán el modo,
de esta saldremos juntos
poniendo codo con codo.

Mira a la gente a los ojos,

demuéstrale que te importa,
mantén a distancias largas
tu amor de distancias cortas.

Si puedes, no te preocupes,
con ocuparte ya alcanza,
y dejar que sea el amor
el que incline la balanza.

La paranoia y el miedo
no son, ni serán el modo,
de esta saldremos juntos
poniendo codo con codo.


E a partir de mañán novidades!!! Vémonos nas redes!!


Toc-Tina



Ningún comentario:

Publicar un comentario