luns, 21 de marzo de 2022

21 DE MARZO_DÍA DA POESÍA

Ola, ola!👋👋👋

Hoxe é un día especial, por iso a entrada deste luns tamén é especial!

21 de marzo, DÍA DA POESÍA! 

Comeza a primavera e as letras parece que flúen de xeito marabilloso neste xénero literario a través do cal o ser humano sempre foi quen de expresar pensamentos, sentimentos e emocións utilizando unha linguaxe chea de beleza.

A proposta para este curso é esta...



Esta proposta farémola nas aulas, pero se dende as vosas casas vos apetece ilustrar e recitar un poema sería fantástico!!!👏👏👏

Hoxe ademais estamos de celebración porque por fin poderemos respirar aire puro e xa non será obrigatorio o uso das máscaras no patio do cole!!!🙌🙌🙌 

Isto faime recordar que fai dous anos recibía os vosos poemas durante todo o mes de marzo, en pleno confinamento e non podo máis que emocionarme ao volver a escoitar este poema de Daniela e súa nai co que inauguramos ese mes de marzo de 2020.

Volvo a agradecervos a tod@s e a cada un de vós a participación e ilusión desa época tan complicada que se fixo máis doce grazas ás vosas historias!!! 

GRAZAS E QUE VIVA A POESÍA!!💗💗💗

Toc-Tina😘

@ceipsalgadotorres @bescolaresgal #díadapoesía #plambe #bescolaresgalabertas 

Ningún comentario:

Publicar un comentario